Thunderbird

1 - Abrimos Thunderbird; se é a primeira vez que o utilizamos aparecerá unha xanela similar á seguinte:

No caso contrario (se xa tes algunha conta configurada como, por exemplo, Gmail), deberemos ir a Editar - Configuración de conta - Opcións sobre a conta (abaixo do todo á esquerda) - Engadir conta de correo*, e abrirase o menú da imaxe superior.

2 - En Enderezo de correo escribimos o noso email, mentres que en contrasinal escribimos o contrasinal. Lle damos a continuar.

3 - Establecemos os axustes correctos no servidor, dándolle a configuración manual; simplemente cambiamos IMAP ou POP3 dependendo de se queremos que o servidor garde copia das mensaxes (primeiro caso) ou, se queremos que quedan de forma local no cliente de correo.

Os parámetros son os seguintes:

Nome do servidor Porto SSL Identificación Nome de usuario entrante/saínte
mail.ticaas.net 143 STARTTLS Contrasinal normal O login proporcionado polo teu administrador
smtp.ticaas.net 587 STARTTLS Contrasinal cifrado O login proporcionado polo teu administrador

Lle damos a Feito e teremos a conta configurada.