Cambiar a cor do tema ou os iconos
1 - O primeiro que debemos facer é identificarnos co noso usuario e contrasinal no webmail. Unha vez accedido, prememos Configuración no menú da esquerda (Icono da roda dentada):

2 - Entraremos entón na páxina de configuración, que consta de varias pestanas; seleccionamos a que pon Preferencias e, dentro, Personalización.

Desde aquí poderemos seleccionar a cor principal que queiramos do webmail ou cambiar os iconos do tema. Lembra darlle a Gardar para que se apliquen os cambios.
Cambiar o tema
Para cambiar o tema, temos dúas opcións.
A primeira consiste en facer clic no botón Apps e seleccionar o tema desexado.
A segunda consiste en ir a Configuración - Preferencias - Interface de Usuario e aí seleccionar o tema desexado, facendo clic en Gardar.
