Autoconfiguración do correo electrónico
Existe unha forma de facer que a configuración do correo electrónico en clientes como Outlook ou Mozilla Thunderbird non sexa manual.
Para iso, é necesario configurar nos rexistros DNS do dominio os seguintes valores:
| Tipo de rexistro | Rexistro DNS | Destino |
|---|---|---|
| CNAME | autoconfig.tudominio.exemplo | autoconfig.ticaas.net. |
| Tipo de rexistro | Rexistro DNS | Prioridade | Peso | Porto | Destino |
|---|---|---|---|---|---|
| SRV | _autodiscover._tcp.tudominio.exemplo | 0 | 1 | 443 | autodiscover.ticaas.net. |
Unha vez estean configurados estes rexistros, poderemos configurar a nosa conta de correo introducindo só o email e o contrasinal.