Configurando a autenticación de dobre factor
Inicio
Coa autenticación de dobre factor, conseguiremos engadir unha capa adicional de seguridade ao webmail. Consiste nun código que obteremos dunha app móbil, doutra conta de correo electrónico ou dun SMS.
Importante
A perda do factor de dobre autenticación implica perder o acceso á túa conta a través do webmail. Por tanto, é imprescindible que gardes os códigos de autenticación de uso único que se xerarán tras configurar exitosamente un método de 2fa nunha ubicación segura. Tamén é recomendable configurar outro método de autenticación alternativo ao escollido de forma principal. Exemplo: email + SMS.
-
O primeiro que debemos facer é identificarnos co noso usuario e contrasinal no webmail
-
Unha vez accedido, prememos Configuración no menú da esquerda:

-
Entraremos entón na páxina de configuración, que consta de varias pestanas; seleccionamos a que pon Autenticación de dobre factor:

-
Facemos clic en Autenticación de dobre factor e, á dereita, aparecerá o seguinte menú:

-
Escollemos un dos tres métodos para realizar a autenticación de dobre factor e facemos clic en Habilitar
Configuración App Móbil
Podemos usar calquera aplicación dedicada a este fin, como por exemplo Google Authenticator ou Microsoft Authenticator. Unha vez a teñamos, escanearemos o código QR e seguiremos o resto de instrucións que aparezan en pantalla.

Configuración Email
Para configurar un email externo como 2FA debemos proporcionar o email externo e seguir o resto de instrucións que aparecen en pantalla.

Configuración SMS
O uso da autenticación por SMS implica proporcionar un número de teléfono que recibirá un SMS co código de autenticación.
